InicioLugo e contornaLugoA Deputación destinará 5,2 millóns de euros para conservación e mantemento das...

A Deputación destinará 5,2 millóns de euros para conservación e mantemento das estradas provinciais

O lote da Fonsagrada, Negueira de Múñiz, Ribeira de Piquín e Navia de Suarna quedou deserto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo vai destinar 5,2 millóns de euros para a conservación e mantemento das estradas provinciais, unha rede que conta con máis 4.200 quilómetros.

A portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto, trasladou o anuncio desta adxudicación tras a xunta de Goberno, matizando que dita consignación de 5,2 millóns é “para sete dos oito lotes nos que esta dividido o contrato para o servizo de conservación e de mantemento dos 4.217 quilómetros de estradas que dependen directamente da deputación de Lugo”.

“Adxudicáronse todos os lotes con excepción dun que é o número cinco e que corresponde aos concellos de; A Fonsagrada, Negueira de Múñiz, Ribeira de Piquín e Navia de Suarna. Un lote que quedou deserto neste proceso de contratación e por tanto volverase a sacar acontratación”, concretou.

Porto precisou que “neste contrato están incluídas todas as tarefas necesarias para conservación e mantemento das estradas, e tamén para a atención de emerxencias causadas sobre vidas e consecuencia das inclemencias meteorolóxicas que afecten á rede viaria provincial“.

“A rede de estradas da deputación está dividida en oito zonas distintas que cobren a totalidade das estradas de titularidade provincial e que discorren polos 67 concellos da provincia”, detallaba a deputada socialista.

Tamén puxo o foco en que esta rede “é a máis extensa de toda España e tres veces maior que a da Xunta de Galicia na nosa provincia, na provincia de Lugo”.

Á súa vez, na reunión semanal do goberno provincial de Lugo se acordou “a licitación por pouco máis de 6.300 euros dun contrato para poder fornecer ao redor de 25 toneladas de alfalfa para o ganado equino da Granxa Gayoso Castro da Deputación, un contrato cunha duración dun ano prorrogable a dous máis”.

Finalmente, Pilar García Porto avanzou que, á súa vez, “aprobouse un convenio para a colaboración co concello de Barreiros para que poidan adquirir unha furgoneta de tipo industrial, para o transporte de persoas ou de ferramenta a zonas rurais apartadas das instalacións municipais, e no marco deste convenio a Deputación achegará 34.285 euros”.

ÚLTIMAS

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...