InicioSociedadeA provincia de Lugo supera xa os 400 casos Covid

A provincia de Lugo supera xa os 400 casos Covid

Nas últimas 24 horas houbo 37 novos casos activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia rexistra por segunda xornada consecutiva 500 novos contaxios diarios de Covid-19 e os casos activos elévanse a 3.970 –case 400 máis que o día anterior–, mentres que os pacientes hospitalizados ascenden a 107 –dous máis–. Pola súa banda, a taxa de positividade descende lixeiramente a un 7,7 por cento.

Segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, aumentan a 13 os pacientes ingresados en UCI pola Covid en Galicia –un máis– e a 94 os hospitalizados noutras unidades –un máis–, mentres 3.863 permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a de Lugo, segue con cinco pacientes Covid en unidades convencionais de hospitalización e mantense in ingresados en UCI.

CASE 4.000 CONTAXIOS

Galicia roza os 4.000 casos activos de Covid tras rexistrar un novo ascenso por vixésimo sexta xornada consecutiva ata os 3.970, que constitúen 397 máis, ao haber máis contaxios (500) que altas (103). As infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Lugo con 37 novos contaxios. Deste xeito, os casos activos son xa 406.

+ posts

ÚLTIMAS

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba denuncia a falta de avances en solucións para a estación de autobuses

O Concello de Vilalba volve reclamar unha solución efectiva e inmediata para a estación...

O PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

O PP de Guitiriz recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa ao consideralo...