InicioLugo e contornaLugoLugo lanza unha web con información en tempo real sobre os buses...

Lugo lanza unha web con información en tempo real sobre os buses urbanos da cidade

Os usuarios poderán comprobar canto lle falta a cada bus en 275 paradas da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A estabilización aparente da pandemia co reparto de vacinas abre a porta á recuperación do transporte público urbano, que nos meses máis duros da Covid caeu en usuarios en todas as cidades galegas. Para impulsar o regreso da mobilidade en Lugo, o Concello vén de lanzar un portal de información que amosa a localización dos autobuses en tempo real.

A plataforma, aloxada na web urbanoslugo.com, vén de ser amosada polo tenente de Alcalde Rubén Arroxo, que destacou o “avance” na “modernización” do transporte público de Lugo con esta ferramenta que habilita o seguimento en directo das liñas dende a web na que a veciñanza poderá ver en tempo real canto falta para que o bus chegue á súa parada”.

Neste primeiro lanzamento, apuntan dende o Concello, a web da a información en tempo real de 275 paradas, “a totalidade das paradas da zona urbana, as máis concorridas do servizo de transporte público”. Á web únese ás 23 pantallas colocadas nas principais paradas da cidade.

TARXETA CIDADÁ

Á parte, as 6.500 persoas que empregan o transporte público lucense cada día, segundo datos do Concello, poderán tamén sacar a tarxeta cidadá para “axilizar as paradas do bus e aforrar no prezo de cada viaxe”. O Tenente Alcalde destacou que “Lugo ten o transporte máis barato das cidades galegas e o terceiro máis barato das capitais de provincia do estado”, xa que, pagando con tarxeta cidadá, o prezo do billete ordinario pasa de 0.64€ a 0.45€.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...