InicioA UlloaLugo é a terceira área sanitaria con maior incremento de casos Covid

Lugo é a terceira área sanitaria con maior incremento de casos Covid

Nas últimas 24 horas houbo 22 novos casos que sitúan á provincia cun total de 279 contaxiados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia comeza esta semana con 270 novos contaxios de Covid-19, que supoñen unha trintena menos que este domingo pasado, e 2.696 casos activos, 189 máis que a xornada anterior, mentres que soben a 76 os pacientes hospitalizados por este coronavirus –tres máis–. Pola súa banda, a taxa de positividade increméntase a un 7,94 por cento.

Segundo os datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domongo, mantéñense 14 persoas ingresadas en UCI pola Covid no conxunto de Galicia e increméntanse a 62 as hospitalizadas noutras unidades –tres máis–, mentres que 2.620 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, mantense sen cambios na área sanitaria de Lugo, que segue sen pacientes Covid en UCI e conta con tres en planta.

CASOS EN AUMENTO

Os casos activos de Covid-19 continúan en ascenso e acumulan 22 xornadas consecutivas de incremento. En concreto, sitúanse en 2.696, que implican 189 máis que o día anterior, ao haber máis contaxios (270) que altas (81). Hai unha semana, o luns 15 de novembro había 1.285, que supoñen 1.411 infeccións menos.

Así, as infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas coa de Lugo (+22) como a terceira con máis contaxios tras Vigo e Ourense. Deste xeito, o número total de contaxiados na provincia é de 279.

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...

Lugo estreará “As rúas do vento ceibe”, proxecto musical con máis de 300 voces arredor de poemas de Manuel María

O Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo acollerá o vindeiro 15 de maio o...