InicioSociedadeSeguen aumentando os casos Covid, xa son 200

Seguen aumentando os casos Covid, xa son 200

Xa son 200 os contaxiados. Tamén no conxunto de Galicia hai o dobre de casos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia case duplica os casos activos de Covid-19 con respecto a hai unha semana ao ascender a 1.975, que supoñen 982 máis que o venres día 12, tras rexistrarse 295 novos contaxios –41 máis que a xornada anterior–. As persoas hospitalizadas por este coronavirus ascenden a 59 –cinco máis– e a taxa de positividade repunta a un 7,34 por cento.

Segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, mantéñense 12 persoas ingresadas en UCI pola Covid en toda Galicia e aumentan a 47 as hospitalizadas noutras unidades –cinco máis–, mentres que 1.916 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumentou en Lugo, onde permanece un en críticos e conta cun en planta –a xornada anterior non tiña ningún–.

CASE 2.000 INFECCIÓNS

Galicia acumula 19 xornadas consecutivas de aumento de casos activos de Covid-19, que ascenden a 1.975, o que implica 226 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (295) que altas (69).

De novo as infeccións activas ascenden nas sete áreas sanitarias galegas, con Lugo (+30) como a terceira en subidas, tras Ourense e Vigo. De feito, xa son 200 os casos activos na provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

O PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

O PP de Guitiriz recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa ao consideralo...

O PSdeG de Muras acusa ao BNG de impedir intervir á súa voceira

O PSdeG de Muras denunciou que o alcalde, Manuel Requeijo, impediu intervir á voceira...