InicioLugo e contornaLugoO barrio da Ponte conta xa con paneis que recompilan lendas tradicionais...

O barrio da Ponte conta xa con paneis que recompilan lendas tradicionais da súa “longa historia”

Colaboraron no proxecto o escritor Antonio Reigosa e a ilustradora local Noemí López.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno de Lugo busca potenciar o atractivo turístico do barrio da Ponte, que conta “cunha longa historia e cun gran potencial ao atoparse na contorna do Río, ademais de contar cun gran peso patrimonial, coa Ponte Romana”, sinalou o tenente de alcalde Rubén Arroxo. Así, o Concello vén de instalar seis paneis na zona que recompilan lendas tradicionais sobre a vida do barrio e sobre a cultura tradicional do mesmo.

Arroxo, ademais, explicou que realizaron esta acción “recollendo as solicitudes da veciñanza da zona reclamando este tipo de instalacións para mellorar a imaxe do barrio”. A Tenencia de Alcaldía contou coa colaboración do escritor Antonio Reigosa e da ilustradora local Noemí López para a realización desta acción.

Arroxo destacou “a gran calidade das ilustracións de Noemí López e o destacable traballo de Antonio Reigosa no eido da investigación da mitoloxía popular e da tradición oral”. Por iso, o Concello ánima á veciñanza a pasear polo barrio da Ponte e “coñecer as lendas relacionadas co Río”

 

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...

Lugo estreará “As rúas do vento ceibe”, proxecto musical con máis de 300 voces arredor de poemas de Manuel María

O Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo acollerá o vindeiro 15 de maio o...