InicioSociedadeSeguen aumentando os casos en Lugo con 14 novos contaxiados nun día

Seguen aumentando os casos en Lugo con 14 novos contaxiados nun día

Hai un paciente en UCI e dous noutras unidades

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 repuntan a 123 en Galicia, polo que encadean tres xornadas consecutivas por encima do centenar, e os casos activos rozan o milleiro ao ascender a 993, que supoñen 353 máis que hai unha semana. Mentres, os pacientes ingresados por este coronavirus aumentan a 48 –dous máis– e a taxa de positividad sobe a un 3,6 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, mantéñense 11 persoas ingresadas en UCI pola Covid no conxunto de Galicia, mentres que aumentan a 37 as hospitalizadas noutras unidades –dúas máis– e 945 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, a de Lugo segue un en UCI e dous noutras unidades.

CASE UN MILLEIRO DE CASOS

Os casos activos de Covid-19 aumentan por duodécima xornada consecutiva en Galicia e ascenden a 993, que supoñen 86 máis que a xornada anterior ao haber de novo máis contaxios (123) que altas (37). Con respecto a hai unha semana constitúen 353 infeccións máis que as 640 rexistradas o venres 5 de novembro.

En concreto, as infeccións activas ascenden nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Ourense á cabeza (+30), seguida da de Vigo (+20) e Lugo (+13), que queda con 85 casos na provincia.

REPUNTAN OS CONTAXIOS

Por terceira xornada consecutiva –desde o mércores– Galicia rexistra máis dun centenar de novos contaxios diarios, que este venres ascenden a 123, que implican 19 máis que os 104 deste xoves, tras os 100 do mércores, e 74 do martes, despois de comezar esta semana con 54.

O venres anterior rexistráronse 84 no conxunto de Galicia. E ata o momento, o luns 11 de outubro houbo 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’. Eses 123 contaxios foron positivos por probas diagnóstica de infección activa nas últimas 24 horas, dos cales, 14,  corresponden á área de de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...