InicioLugo e contornaLugoDetido un home con antecedentes por roubar 700 euros nun local comercial...

Detido un home con antecedentes por roubar 700 euros nun local comercial tras forzar o acceso

O presunto autor do roubo foi localizado o mesmo día dos feitos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados co patrimonio, xunto cos indicativos de Radiopatrullas, detiveron a un home veciño da cidade, que conta con varios antecedentes por roubo, como autor dun roubo con forza nun local comercial.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron e foron postos en coñecemento das Forzas e Corpos de Seguridade na tarde do pasado 3 de novembro, coa denuncia do prexudicado. Este indicou que, ao abrir o establecemento comercial na tarde dese día, atopouse coa porta forzada e o bombín da porta manipulado.

A Policía detallou que o individuo, despois de forzar a porta de acceso ao local, levou uns 700 euros. O presunto autor dos feitos foi localizado o mesmo día dos feitos.

De maneira inmediata avisou á Policía Nacional, que, tras unha primeira requisa do lugar por parte de axentes de Radiopatrullas para obter datos que permitisen a procura do autor, enviou ao lugar a Policía Científica para proceder á procura de indicios identificativos máis concretos.

Cos datos obtidos, nos que se teñen coñecemento “de forma clara”, destacan as mesmas fontes policiais, das características do autor e a súa vestimenta, iniciouse un operativo para tratar de localizalo.

A ultima hora da tarde dese día, ao ser visto por un funcionario de Policía Xudicial e identificado por un indicativo de Radiopatrullas, foi interceptado o individuo.

Con esta identificación, e comprobación dos obxectos que portaba, procedeuse a informar os investigadores, que despois de analizar todas as probas e verificar a súa identidade e autoría, este pasado mércores procedeuse á súa detención e traslado a dependencias policiais, onde se lle tomará declaración antes de pasar a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...