InicioA UlloaAntas de UllaUnha veciña de Antas de Ulla chama á solidariedade para reconstruír a...

Unha veciña de Antas de Ulla chama á solidariedade para reconstruír a súa casa calcinada por un lume

Polo momento, leva recadados 1.000€ dos 80.000€ que precisa. “Agradecemos de todo corazón calquera achega que poidades facer por pequena que sexa", apunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha veciña de Antas de Ulla lanza unha recollida de fondos por internet para reconstruír a súa casa que foi arrasada por un incendio. Este exemplo de crowfunding que chama á solidariedade dos galegos vén da man de Xoana Nogueira, unha muller que, o pasado 24 de outubro, tivo que ver como a súa casa ardía por mor dun problema na cheminea de leña.

“Os bombeiros non puideron chegar a tempo, non puidemos salvar nada, nin un álbum de fotos”, destaca a muller, que engade que o lume levou por diante “toda a nosa roupa, os mobles, toda a biblioteca de libros, e moitas cousas máis que aínda nos imos acordando tras o paso dos días”, explica a muller, que vén de lanzar a campaña na plataforma GoFundMe.

Na campaña Nogueira sinala que cando chegaron os bombeiros xa non puideron facer máis nada que evitar que o lume non se estendese por todo o bosque; “da nosa casa non quedou nin unha parede, non tiñamos seguro de ningún tipo xa que ao ser unha casa de madeira os seguros botábanse para atrás”, agrega.

A reconstrución da casa para a que pide solidariedade ten tamén un compoñente emocional. “Hai vinte anos que meu pai construíu esa preciosa casa, (o meu pai morreu hai 7 anos) son moitos recordos, moitos momentos, os meus irmáns naceron nesa casa, eu vivín aí toda a miña vida ata o de agora, era o noso fogar, e o das nosas mascotas”, argumenta.

De momento a súa familia atópase vivindo nun hotel pagado polo Concello, e un veciño cedeulles a súa casa mentres empezan a reconstruír a súa vivenda. “Agradecemos de todo corazón calquera achega que poidades facer por pequena que sexa ou compartir esta publicación para que poida chegar a máis xente, resúltanos moi difícil facer isto, pero estamos nunha situación desesperada”, sentencia a autora da campaña.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...