InicioLugo e contornaLugoContar atrás para que as luces de Nadal regresen ás rúas de...

Contar atrás para que as luces de Nadal regresen ás rúas de Lugo

Está previsto que o alumeado funcione dende o 3 de decembro ao 9 de xaneiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Remata o mes de outubro e, nas rúas, o frío comeza a anunciar o inverno. Para ir acorde á meteoroloxía, o Concello de Lugo vén de anunciar que inicia manobras para devolver as luces de Nadal ás rúas da cidade. Así o apuntou a a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, que destaca que o goberno de Lugo vén de aprobar a apertura do procedemento de licitación do alumeado deste Nadal.

Ferreiro explicou así que se contará “con alumeado polo centro e polas principais rúas e prazas da cidade onde se instalarán distintos elementos ornamentais referentes ao nadal”. O alumeado de Nadal sae a licitación cun orzamento máximo de 146.149,85€. De cara á adxudicación, o persoal técnico valorará o número de puntos de luz de cada un dos elementos, a oferta económica presentada e o aspecto estético de cada proposta. As luces entrarán en funcionamento o 3 de decembro, e permanecerán ata o 9 de xaneiro de 2022.

Este ano colocaranse nas distintas rúas e prazas un total de 189 arcos luminosos e 30 elementos ornamentais. Ademais, decoraranse 100 farolas. Entre os elementos ornamentais, destacan a instalación dunha figura en 3D na praza de Santo Domingo, preto da Praza de Abastos, que contará como mínimo con 2.600 puntos de luz e a decoración de 4 rotondas da cidade con árbores de 8 metros de altura e 1.900 puntos de luz. Noutras prazas, instalaranse outros motivos en 3D cun mínimo  de 2.000 puntos de luz ou árbores de 3 metros de altura e 12.000 puntos de luz.

+ posts

ÚLTIMAS

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...

O PPdeG insta a BNG e PSOE a frear a súa “escalada de odio” en Lugo: “A xente apoia a moción de impulso”

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a...

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Detido en Lugo un home por tentar agredir con dous coitelos á parella da súa exmoza

A Policía Local de Lugo detivo a un home por tentar agredir con dous...