InicioSociedadeLugo pasa a ter dous novos ingresos hospitalarios por Covid tras non...

Lugo pasa a ter dous novos ingresos hospitalarios por Covid tras non rexistrar ningún nos últimos días

Houbo nove novos contaxios e os casos aumentan a 41.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia chega ao ecuador desta semana cunha repunta de novos contaxios de Covid-19 a 59, o que supón 16 máis que o día anterior, e unha nova subida dos casos activos, que se sitúan en 473 –implica 23 máis–, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus increméntanse a 24 –un máis–. Polo seu lado, a taxa de positividade descende a un 1,69 por cento.

Segundo os datos publicados este mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, baixan a cinco as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 –unha menos– e ascenden a 19 as que se atopan noutras unidades convencionais –dúas máis–; mentres que 449 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente nas de Vigo e Lugo. A de Vigo mantense sen críticos e rexistra seis hospitalizados en planta –un máis–. Polo seu lado, a área sanitaria de Lugo conta con dous pacientes Covid en UCI –un menos– e con dous noutras unidades, cando a xornada anterior non tiña ningún ingresado en planta por este coronavirus.

CASOS EN AUMENTO

Os casos activos de Covid aumentan por cuarta xornada consecutiva no conxunto de Galicia e sitúanse en 473, que supoñen 23 máis, ao haber máis contaxios (59) que altas (35), ao que se suma unha nova vítima mortal. As infeccións activas aumentan en seis das sete áreas sanitarias galegas con Lugo (+6) e sumando un total de  41 casos.

MÁIS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 soben de novo, ata os 59, que representan 16 máis que os 43 da xornada anterior e máis do dobre que os 24 do inicio desta semana. O luns 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’.

Nas últimas 24 horas confirmáronse 60 positivos por Proba de Detección de Infección Activa –algún corresponde a outro positivo dun contaxiado xa existente–, deles, nove na de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...