InicioLugo e contornaLugoOrozco, tras o peche da investigación principal da Pokémon, espera que acabe...

Orozco, tras o peche da investigación principal da Pokémon, espera que acabe esta “longa noite de pedra”

O exalcalde quixo aclarar que a causa contra a súa persoa está arquivada "desde o ano 2018 por un auto da Audiencia Provincial" .

PUBLICADA O

- Advertisement -

O exalcalde de Lugo, Xosé López Orozco, pronunciouse este venres tras o peche da investigación principal da operación Pokémon, aberta en 2011 pola exjueza do xulgado de instrución número uno Pilar de Lara, para confiar en que pronto pase “esta longa noite de pedra”

En concreto, o xulgado concluíu a investigación da peza principal desta causa e ordena que a mesma se siga contra trece sospeitosos, entre os que figura o exconcelleiro de urbanismo na primeira etapa de Orozco e expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, a súa muller e once empresarios.

Orozco quixo aclarar que a causa contra a súa persoa está arquivada “desde o ano 2018 por un auto da Audiencia Provincial” e outro do 2017 respecto das acusacións sobre “todo os relacionado coa fábrica da luz e os autobuses.

O xuíz mantén que hai indicios de delito na concesión do servizo do guindastre por parte do concello de Lugo á empresa asturiana Cechalva, en 2005, así como a existencia dunha caixa B na compañía para realizar os pagos pactados por conseguir a adxudicación do servizo.

Orozco puntualizou que o caso se mantén tras aceptar a Audiencia “o recurso dun implicado” e ordenar estudalo xunto coa Pokémon”. “O maxistrado no auto de onte recolle ao pé da letra o que dixo o xuíz no ano 2017”, resolveu. É por iso que “unicamente” queda que se acepte o recurso do fiscal onde se lle exculpa “de todo o que fai referencia á ORA”. “Con iso, esa longa ‘noite de pedra’ espero que pase de min”, sentenza.

“Se esta quedando todo no que se ve que está a quedar, algo que nunca tivo sentido tal e como se realizou”, lembrou.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...

A Deputación achega o audiovisual á III Feira de Educación, Formación e Emprego

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, xunto ao Deputado de Promoción Económica...