InicioEconomíaMedio Rural apoia a avícola de Antas de Ulla coma dinamizadora do...

Medio Rural apoia a avícola de Antas de Ulla coma dinamizadora do rural

A conselleira de Medio Rural resaltou a importancia do traballo que desenvolven os Grupos de Desenvolvemento do Rural á hora de apoiar aos proxectos dinamizadores, como fixo o GDR Miño-UIla coa productora de ovos Pazo de Vilane de Antas de Ulla

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, asistiu esta mañá ao concello de Antas de Ulla para coñecer o resultado das obras que se levaron a cabo no Pazo de Vilane para mellorar a eficiencia enerxética a cargo do plan Leader. As axudas deste plan son xestionadas a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural repartidos por toda Galicia e que son os organismos que deciden onde é preciso investir. Por iso, neste sentido, a conselleira resaltou a importancia do traballo que desenvolven os GDR á hora de apoiar aos proxectos dinamizadores do rural, como fixo o GDR Miño-UIla con esta produtora de ovos.

“Eles determinan que necesidades dos veciños urxe cubrir”, sinalou a conselleira, que puxo de exemplo o caso desta empresa familiar. Cunha achega de 11.711 euros a compañía puido instalar 54 módulos fotovoltaicos na cuberta do pazo que permitirá reducir o consumo eléctrico un 40%. A través desta subvención, financiada nun 75% con Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural, abonouse o 40,5% do custo da obra. O proxecto foi elixido o pasado ano polo GDR Miño-Ulla pola súa importancia para o desenvolvemento da contorna.

Este GDR integra os concellos de Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, O Páramo, Palas de Rei, Paradela, Portomarín, Sarria e Taboada e na última convocatoria leva aprobados 22 proxectos que contarán con 611.000 euros e que suporán un investimento inducido de 1,3 millóns. En total, en toda a provincia de Lugo, hai rematados 97 proxectos do actual plan Leader, que recibirán unha axuda superior aos cinco millóns de euros.

Marca galega

Durante a súa visita, Ángeles Vázquez destacou o peso que teñen empresas familiares coma a de Pazo de Vilane que creceron sempre vinculadas ao territorio. Dunha banda, para a creación de emprego (contan con 25 traballadores, 17 deles mulleres) e, por extensión, para a dinamización económica da contorna. Ademais, este tipo de compañías manteñen a imaxe de calidade dos produtos agraoalimentarios galegos, neste caso, a través dos seus ovos campeiros.

Esta empresa de Antas de Ulla conta con dúas explotacións avícolas no concello con capacidade para 43.000 galiñas, alimentadas por pastos tenros durante todo o ano. É líder no ámbito dos ovos campeiros a nivel nacional.

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...