InicioSociedadeLugo ten doce pacientes hospitalizados por Covid e menos de 300 casos...

Lugo ten doce pacientes hospitalizados por Covid e menos de 300 casos activos

Nas últimas 24 horas só houbo sete casos novos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 en Galicia manteñen a tendencia descendente e caen a 1.563, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus redúcense a 57 –cinco menos que a xornada anterior–; e os novos contaxios seguen sobre o medio centenar. Pola súa banda, a taxa de positividade ascende a un 2,8 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este venres, con rexistros ata as 18,00 do xoves, baixan a 17 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid –dúas menos– e a 40 as que permanecen noutras unidades –tres menos–. Mentres, seguen 1.506 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

A presión hospitalaria alíviase en cinco das sete áreas sanitarias, entre elas, a de Lugo, onde seguen dous ingresados en UCI e descenden a 10 os hospitalizados noutras unidades –tres menos–.

CASOS ACTIVOS EN DESCENSO

Galicia mantén a tendencia descendente de casos activos de Covid-19, que se sitúan en 1.563, o que supón 114 menos que os rexistrados a xornada anterior, ao haber de novo máis altas (168), que contaxios (55), aos que se suma unha nova vítima mortal. Por áreas sanitarias, as infeccións activas caen en seis das sete, coa da Coruña e Cee á cabeza (-43), seguida da de Lugo (-26) que queda con 296 casos activos.

MENOS DE 100 CONTAXIOS

Ao termo da semana os contaxios de Covid-19 mantéñense por baixo do centenar cun lixeiro incremento a 55, dous máis que os 53 rexistrados este mércores, tras alcanzar os 84 o mércores; descender a 48 o martes e arrincar a semana con 61.

Os positivos con probas de diagnóstico de infección activa confirmados nas últimas 24 horas ascenderon a 57, que implican tres máis que a xornada pasada. Do total, sete corresponden á ára de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...