InicioPolíticaO alcalde de Outeiro de Rei nega que o congreso do PP...

O alcalde de Outeiro de Rei nega que o congreso do PP de Lugo supuxese gastos para o Concello

Convida a Ana Pontón a facer o congreso neste concello.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Outeiro de Rei, o popular José Pardo, negou que o congreso provincial do PP de Lugo, celebrado o pasado domingo no pavillón municipal, supúxolle “ningún gasto” ao concello.

Deste xeito, Pardo replica así á petición do BNG dun pleno para que se expliquen eses supostos gastos e o uso de persoal municipal para os labores de intendencia do evento.

O alcalde afirmou que teñen “acreditada legalmente a petición do PP, das instalacións (deportivas) para o congreso provincial”. “E para nós non supuxo ningún gasto”, afirmou. “Non temos ningunha taxa cando facemos cesións deste tipo, non cobramos nada”, agrega.

Pardo si que recoñeceu que “os únicos medios que se utilizaron foron para dirixir o tráfico”. “A Garda Civil estaba no Nacional V e nós, que non temos policía municipal nin servizos de emerxencias, puxemos a algún traballador a dirixir o tráfico, do mesmo xeito que en Robra, onde había traballadores controlando o tráfico no circuíto de velocidade”, sostén. “É a única cousa que dedicamos, que é produto da normalidade”, dixo.

“Eu estou satisfeito de que viñese a facer o congreso a Outeiro de Rei. Paréceme que está ben, que é bo porque atrae xente ao municipio”, asegura. Igualmente, anima á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, a que convoque un congreso neste municipio, pois garante que se podería autorizar sen problema, do mesmo xeito que se fixo co PP de Lugo, onde se reelixiu a Elena Candia como presidenta provincial dos populares.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...