InicioComarca de MeiraRibeira de PiquínTrasladado un home despois de recibir unha couce dunha vaca en Ribeira...

Trasladado un home despois de recibir unha couce dunha vaca en Ribeira de Piquín

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi trasladado na mañá deste martes a un centro hospitalario despois de recibir unha couce dunha vaca no concello lucense de Ribeira de Piquín. Segundo informou o 112 Galicia, o servizo de emerxencia tivo constancia dos feitos a través da chamada dun particular poucos minutos antes das 10,00 horas.

Na comunicación, a persoa solicitou asistencia médica para un home que acababa de resultar ferido polo golpe dun animal, no lugar de Barangón, na parroquia de Santalla. Por iso, os operadores do CIAE-112 Galicia informaron os servizos sanitarios, aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil da localidade.

Finalmente, a Garda Civil indicoulle ao 112 Galicia que o home foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, sinalaron as mesmas fontes.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...