InicioLugo e contornaLugoLugo lidera a suba de contaxios en Galicia e mantense en 800...

Lugo lidera a suba de contaxios en Galicia e mantense en 800 casos activos

Só a Coruña rexitra máis infeccións activas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de covid volven subir en Galicia por riba dos 4.000, concretamente rexístranse 4.041 infeccións, tamén os novos contaxios repuntan levemente e volven estar por encima dos 150. Ademais, a taxa de positividade é do 3,44% –por baixo do 5% que marca a OMS– e a presión hospitalaria continúa coa súa lixeira tendencia ao alivio, con seis hospitalizados menos.

Así, segundo a información notificada polo Sergas na tarde deste sábado (con datos solicitados ata o venres), nas últimas horas confirmáronse 169 novos contaxios por este coronavirus, o que supón 19 casos máis que os notificados a xornada anterior.

Por áreas, na da Coruña detectáronse 39 novos contaxios, en Santiago hai 26 casos novos; na área de Vigo notificáronse 22 contaxios; na de Lugo, 50 contaxios, á cabeza da Comunidade; na de Ourense, 13 casos máis; na área sanitaria de Pontevedra foron 15 casos novos; e na de Ferrol rexistrouse catro contaxios novos.

O maior número de enfermos está na da Coruña, con 1.073 casos (nove máis). Lugo sitúase como a área máis afectada despois da Coruña ao rexistrar 809 casos (seis máis); na área de Santiago hai 682 casos activos (12 máis), na área de Vigo son 602 casos (21 máis), na de Ourense hai 441 casos (dous menos), en Pontevedra hai 249 infeccións activas (nove máis) e na área de Ferrol hai 185 casos (sen cambios).

PRESIÓN HOSPITALARIA

No que respecta á presión hospitalaria, nas últimas 24 horas descenderon os pacientes ingresados por covid nos hospitais galegos, aínda que só en unidades convencionais.

Así, as unidades convencionais de hospitalización contan con 103 pacientes (seis menos que hai un día), mentres que en UCI continúan ingresados 43 pacientes: 13 na área da Coruña (-1), sete na área de Vigo (sen cambios), cinco na área de Ferrol (sen cambios), sete na de Ourense (-1), cinco pacientes en UCI na área de Pontevedra (+1) e cinco en Lugo (+1), mentres que en Santiago queda un paciente en críticos (sen cambios).

En canto ás camas ocupadas en ‘planta’, descende ou mantén o número en todas as áreas. Así, na área da Coruña son 34 os hospitalizados en planta (+5); na de Ferrol, cinco (-4); na de Pontevedra, tres (-2); na de Lugo, 15 (-2); na de Santiago, 15 (-1); na de Ourense, 13 (-3) e na de Vigo, 18 (+1)

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...