InicioSociedadeEspectacular melloría de casos na provincia que xa baixa do milleiro de...

Espectacular melloría de casos na provincia que xa baixa do milleiro de contaxiados

Nas últimas 24 horas só se notificaron 21 novos contaxiados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia continúa na liña de estabilidade e melloría que veñen marcando os indicadores nos últimos días, posto que os novos contaxios, aínda que se incrementaron levemente, seguen á baixa, con 176 casos. Descenden tamén as infeccións activas, que xa baixan da barreira dos 5.000 casos. Ademais, a presión hospitalaria tamén mellora, aínda que a un ritmo máis lento, con nove pacientes menos nos hospitais galegos. A taxa de positividade, ademais, é do 4,45% –por baixo do 5% que marca a OMS–.

Así, segundo a información notificada polo Sergas este xoves (con datos solicitados ata as 18,00 horas do martes), nas últimas horas confirmáronse 176 novos contagios por este coronavirus, o que supón 26 casos máis que os notificados a xornada anterior. Do total, 21 foron na área de Lugo que baixa do milleiro de casos activos, con 950 casos (100 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

No que respecta á presión hospitalaria, nas últimas 24 horas descenderon os pacientes ingresados por covid nos hospitais galegos, tamén en UCI. Así, as unidades convencionais de hospitalización contan con 117 pacientes (tres menos que hai un día), mentres que en UCI hai outros 43 hospitalizados (seis menos), deles, catro en Lugo (sen cambios).

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...