InicioSociedadeMellora a situación da covid na provincia de Lugo

Mellora a situación da covid na provincia de Lugo

Hai menos novos casos e menos presión hospitalaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os datos de evolución da covid publicados este domingo pola Consellería de Sanidade reflicten que, en termos xerais, os indicadores sinalan cara á estabilización da pandemia en Galicia. Os novos contaxios non superan os 300 e a taxa de positividade das PCR (o número de positivos por cada 100 probas realizadas) volve estar por baixo do límite do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

Ademais, os casos activos baixan ata as 6.116 infeccións e a presión hospitalaria descende ao rexistrar cinco hospitalizados menos nas últimas 24 horas, co que son 151 os hospitalizados en planta e 46 en críticos nos hospitais galegos.

Así, segundo eses datos (que reflicten información solicitada ata as 18,00 horas do sábado), nas últimas 24 horas rexistráronse  45 contaxios novos na área de Lugo, que queda con 1.243 casos activos (72 menos), por detrás da Coruña.

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas horas contabilizáronse 46 pacientes en UCI (dúas menos nas últimas 24 horas) e 151 hospitalizados en unidades convencionais (tres menos).

Por áreas, a carga asistencial baixa en parte das zonas sanitarias. As baixadas máis pronunciadas rexístranse na de Lugo, hai 24 pacientes en unidades convencionais (seis menos) e catro en UCI (un máis).

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...