InicioSociedadeEstabilizase a situación da Covid na provincia

Estabilizase a situación da Covid na provincia

Houbo 53 novos casos na última xornada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os datos de evolución da covid publicados este venres pola Consellería de Sanidade reflicten que algúns indicadores repuntan, aínda que en termos xerais apuntan cara á estabilización. Os novos contaxios volven estar por baixo dos 300, aínda que a taxa de positividade das PCR (o número de positivos por cada 100 probas realizadas) excede lixeiramente o límite do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

Ademais, as infeccións activas continúan á baixa, con 359 negativos máis nas últimas 24 horas, e a presión hospitalaria prosegue lentamente na liña de alivio que viña marcando nos últimos días, con cinco pacientes menos ingresados por covid nos hospitais galegos.

Así, segundo eses datos (que reflicten información solicitada ata as 18,00 horas do mércores), nas últimas 24 horas rexistráronse 234 novos contaxios por Covid en Galicia, fronte aos 334 notificados un día antes. Segundo notificou o Sergas, na última xornada detectáronse 53 na área de Lugo, que ten 1.408 casos activos.

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas horas contabilizáronse 47 pacientes en UCI (seis menos que nas últimas 24 horas) e 154 hospitalizados en unidades convencionais (un máis). Por áreas, na de Lugo, hai dous hospitalizados en críticos (dous menos) e 30 en planta (+1).

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...