InicioAncaresAs residencias de Lugo concentran a suba de casos a nivel galego

As residencias de Lugo concentran a suba de casos a nivel galego

Rexístranse 13 positivos novos, 12 deles no centro San Vitorio de Baralla.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos de covid nas residencias de maiores aumentou nas últimas 24 horas, e subiu ata os 86 positivos. A pesar de negativizarse dúas infeccións, unha na residencia Santa Marta de Vigo e outro na de Ribadeo, notificáronse 13 contaxios novos que pertencen, concretamente, á residencia San Vitorio, en Baralla (12) e As Gándaras, en Lugo (1).

Deste xeito, volve aumentar o número de contaxiados por coronavirus neste tipo de centros, tras reducirse as infeccións notablemente na xornada anterior, debido sobre todo á baixada nas Gándaras, a maior residencia de maiores da provincia de Lugo, que chegou a ter 72 casos positivos da enfermidade.

Así, neste centro quedan 38 residentes con Covid, mentres que hai outros 20 na residencia García Hermanos de Betanzos. Por outra banda, ascenden a 23 os casos na residencia San Vitorio de Baralla, tres permanecen activos en Santa Marta de Vigo, un en Santo Estevo de Perlío en Fene, e un en DomusVi Coruña (Oleiros).

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Con respecto aos centros de discapacidade, recibiron o alta os dous casos activos que quedaban no Fogar e Clínica San Rafael de Vigo. Así, segue habendo 12 contaxiados no CAPD de Redondela.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe (Lugo)

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...