InicioSociedadeLugo adianta a Vigo e sitúase como a segunda área sanitaria con...

Lugo adianta a Vigo e sitúase como a segunda área sanitaria con máis casos Covid activos

Con todo, diminúen os novos contaxios e os contaxios activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os datos de evolución da pandemia de Covid feitos públicos este martes pola Consellería de Sanidade reflicten que, por primeira vez desde principios de xullo, os novos contagios diarios rexistrados caen por baixo dos 300, mentres que a taxa de positividade das PCR (o número de positivos por cada 100 probas realizadas) é inferior ao límite do 5 % que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

Así, segundo eses datos (que reflicten información solicitada ata as 18,00 horas do luns), nas últimas 24 horas rexistráronse 269 novos contaxios por Covid en Galicia, fronte aos 305 notificados un día antes. Os novos contaxios descenden en todas as áreas sanitarias, excepto en Ferrol e Santiago, onde non hai cambios, e en Vigo, onde soben lixeiramente. Segundo notificou o Sergas, na última xornada detectáronse 51 na área de Lugo (17 menos).

Os casos activos descenden en todas as áreas, excepto a de Santiago, que experimenta un lixeiro incremento. A área de Lugo ten 1.437 casos (20 menos) e ‘desbanca’ á área viguesa do segundo lugar en número de enfermos.

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas horas non se rexistraron cambios significativos no que respecta ás unidades de coidados intensivos (UCI), onde están ingresadas 55 persoas con Covid (unha máis que o día anterior). No entanto, os pacientes en unidades convencionais de hospitalización baixaron de 201 a 169. Na área de Lugo hai 4 pacientes (sen cambios).

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...