InicioLugo e contornaLugoSenadores do PP instan ao Goberno a liquidar a "carencia" nas comunicacións...

Senadores do PP instan ao Goberno a liquidar a “carencia” nas comunicacións ferroviarias da provincia

Presentaron tamén outra iniciativa para recuperar os trens de longa distancia que antes da pandemia comunicaban Galicia con Cataluña, País Vasco e Madrid

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores do PP por Lugo José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Lorenzo Varela instaron ao Goberno a aclarar as accións que prevé pór en marcha para liquidar as “carencias” ferroviarias da provincia de Lugo, tanto en canto a infraestruturas como a servizos.

Nunha iniciativa rexistrada na Cámara alta, os senadores censuran que aínda non foron repostos algúns dos servizos suprimidos pola pandemia, o que pode provocar unha folga e aseguran que as decisións da operadora ferroviaria pública Renfe impiden prestar o servizo aos usuarios do tren con normalidade.

“Esta afirmación, que desde o PP levamos meses repetindo, é agora compartida polo sindicato de maquinistas Semaf. De feito, os maquinistas de Renfe están no paso previo á folga, dado o caos no que se atopa a compañía, e un dos motivos é a non reposición dos trens suprimidos durante o confinamento”, denuncian os populares.

Neste sentido, sinalan que, a día de hoxe, en Galicia os trens de media distancia convencional continúan funcionando unicamente ao 65%, deixando sen conexións eficientes a capitais de provincia como Lugo.

Ademais, os senadores presentaron outra iniciativa sobre a recuperación dos trens de longa distancia que antes da pandemia comunicaban Galicia con Cataluña, País Vasco e Madrid. Así, sinalan que a posta en marcha de servizos suficientes e de calidade é unha necesidade que non só reivindican os veciños e o PP, senón tamén o comité de empresa de Renfe en Lugo.

ÚLTIMAS

Estabilizado un incendio forestal en Pantón que afecta a unhas 40 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...