InicioTerra CháGuitirizO SLG denuncia a "amenza ambiental" e o "espolio" que suporían os...

O SLG denuncia a “amenza ambiental” e o “espolio” que suporían os dous parques eólicos proxectados na Serra da Loba

O Sindicato Labrego Galego avanza que intervirá "en todos os planos posibles" para frear a execución destes proxectos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sindicato Labrego Galego (SLG) denunciou ante a Deputación provincial de Lugo e o Ministerio de Transición Ecolóxica a “ameaza ambiental” que suporían os dous parques eólicos ‘Santuario’ e ‘Mistral’ para o conxunto natural Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Trátase de dous proxectos pendentes de concretar e que, segundo o sindicato agrario, implicarían a instalación de 58 aeroxeradores de entre 180 e 200 metros de altura na Serra da Loba, na zona occidental da Terra Chá.

O SLG denuncia que os parques están proxectados ao pé da zona protexida polo Parque Natural das Fragas do Eume que se estenderían polos municipios de Guitiriz, Xermade e Vilalba.

O sindicato considera que ambos os proxectos supoñen “espolios”, polo que solicitou a intervención do Consello Científico do Comité Español do programa MaB da Unesco.

Sostén que a protección dun territorio catalogado cono Reserva de Biosfera é “incompatible” con ese tipo de instalacións e avanza que intervirá “en todos os planos posibles” para frear a execución destes proxectos.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...