InicioSociedadeSeguen aumentando os casos activos de covid na provincia de Lugo

Seguen aumentando os casos activos de covid na provincia de Lugo

Pola contra, estabilízanse os ingresos hospitalarios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As infeccións activas por covid en Galicia continúan á baixa, con 9.284 casos tras negativizarse outras 202 infeccións nas últimas 24 horas. Con todo, os novos contaxios superan lixeiramente o medio centenar e a presión hospitalaria estabilízase, con 274 hospitalizados na Comunidade por coronavirus. A taxa de positividad sitúase no 8,73%.

Segundo os datos feitos públicos este venres pola Consellería de Sanidade (con información solicitada ata as 18,00 horas do xoves), nas últimas 24 horas confirmáronse na comunidade 559 contaxios novos, a maior parte deles rexistrados nas áreas sanitarias da Coruña, Santiago e Lugo.

Así, a área santiaguesa volve ser a área que máis novos casos rexistra, con 130 nas últimas 24 horas, seguida moi de preto pola lucense, con 125 infeccións novas. Tamén soben os casos activos na área de Lugo que suma 45 máis –1.422 en total-.

PRESIÓN HOSPITALARIA

A tendencia á baixa que viñan reflectindo os datos publicados por Sanidade en canto a presión hospitalaria se estanca este venres, posto que Galicia mantense con 274 ingresados. A Comunidade conta con dous pacientes menos en UCI –57 en total–, pero dous máis en plantas convencionais, 217.

Por áreas, a de Lugo non rexistra cambios en UCI (3), pero conta cunha cama máis ocupada en unidades convencionais.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

O BNG apoiará a mobilización de usuarios nas residencias das Gándaras, en Lugo

A concelleira do BNG no Concello de Lugo Cristina López sumouse á nova mobilización...