InicioSociedadeSeguen aumentando os casos e a presión hospitalaria na provincia

Seguen aumentando os casos e a presión hospitalaria na provincia

É a única área sanitaria de Galicia na que soben todos os indicadores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Todos os indicadores covid melloran en Galicia: as infeccións activas non alcanzan as 9.500 –con 294 menos que na última xornada–, os novos contaxios continúan roldando o medio milleiro por quinto día consecutivo –498 en total– e a presión hospitalaria descende tamén, aínda que lixeiramente, con tres ingresados menos nas últimas 24 horas. A taxa de positividade baixa ata o 8,65%.

Segundo os datos feitos públicos este xoves pola Consellería de Sanidade (con información solicitada ata as 18,00 horas do mércores), nas últimas 24 horas confirmáronse na comunidade 498 contaxios novos, a maior parte deles rexistrados nas áreas sanitarias de Santiago e Lugo. Estas son as únicas áreas nas que soben as infeccións activas, sumando 25 e 35 casos activos, respectivamente. Así, Santiago mantén 1.248 casos e Lugo, 1.377.

PRESIÓN HOSPITALARIA

Os datos publicados por Sanidade reflicten unha tendencia incipiente á baixa na presión hospitalaria, con 274 ingresados. Así, pese ao incremento de pacientes en UCI, catro máis nas últimas 24 horas –59 en total–, no cómputo global Galicia conta con tres hospitalizados menos ao saír das plantas convencionais sete pacientes –215 en unidades covid–.

Por áreas, na de Lugo, por contra, sobe lixeiramente a carga asistencial aumentan os hospitalizados en unidades convencionais –catro máis nas últimas 24 horas, 30 en total– e en UCI –un máis, co que quedan con 3 ingresados–.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

O BNG apoiará a mobilización de usuarios nas residencias das Gándaras, en Lugo

A concelleira do BNG no Concello de Lugo Cristina López sumouse á nova mobilización...