InicioEconomíaO queixo de Lugo ten namorado aos chineses

O queixo de Lugo ten namorado aos chineses

O 95 % do queixo español que se exportou a China o pasado ano, incluíndo todas as variedades e denominacións de orixe, procede dunha empresa situada na provincia de Lugo

PUBLICADA O

O 95 % do queixo español que se exportou a China o pasado ano, incluíndo todas as variedades e denominacións de orixe, procede dunha empresa situada na provincia de Lugo. En concreto, practicamente o total desta porcentaxe saíu da planta de Quescrem na localidade de Castro de Ribeiras de Lea.
Entre as variedades exportadas cabe destacar máis de 20 referencias de produto, entre as que destaca o primeiro e único mascarpone 100 % galego, que “namorou a consumidores e profesionais da hostalaría e pastelaría do país asiático”, sinalan desde a empresa lucense nun comunicado.
O director de Desenvolvemento de Negocio de Quescrem, Daniel Sineiro, explicou que “o consumo de produtos lácteos incrementouse nos últimos anos motivado por cambios no estilo de vida e os patróns alimenticios da poboación, o aumento da renda per cápita das familias e un maior apoio gobernamental á produción gandeira” neste país asiático.
De feito, as vendas de queixo español en China creceron un 9 % o pasado ano, aínda que Quescrem superou amplamente ese crecemento elevando as súas vendas un 14 %. Así, desde o ano 2016 a queixera lucense exportou a China máis de 1.600 toneladas de queixo -330 no pasado exercicio-, o que supón un 90 % de todo o queixo español vendido no país nestes últimos 5 anos.
De entre a totalidade de referencias comercializadas destaca a “gran aceptación” do mascarpone, cuxas vendas copan o 50% de todo o queixo español distribuído en China. As vendas internacionais de Quescrem supuxeron a metade da súa facturación en 2020, cun incremento do 2,5 % respecto ao ano anterior.
Debido á importancia do mercado chinés, que xa representa o 15 % das súas vendas totais, e á súa aposta por seguir crecendo no país, a compañía fundou o pasado ano a Xangai Innolact Business, a súa filial chinesa con oficina en Xangai.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo racha a cohesión do Goberno e saca adiante tres emendas clave para os Orzamentos

O Grupo Municipal Popular logrou este martes os apoios suficientes na comisión extraordinaria de...

A Deputación corta seis estradas provinciais mentres seguen as complicacións na montaña de Lugo

  A Deputación mantén cortadas este martes seis estradas provinciais e conta con preto de...

Peche educativo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino en Galiza (STEG) informa do peche...

Lectura da lista de finalistas do XXIV Premios Mestre Mateo no Vello Cárcere de Lugo

O Vello Cárcere de Lugo acolleu esta mañá a lectura da lista de finalistas...