InicioPolíticaA Deputación inicia as obras de mellora na estrada que une O...

A Deputación inicia as obras de mellora na estrada que une O Corgo e Castroverde

As obras afectan a 1,5 quilómetros, entre os núcleos de Coto, en Corgo, e de San Agustín, en Castroverde, e consisten no movemento de terras, a drenaxe transversal mediante reposición de cunetas e pavimentación, entre outras actuacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, xunto co alcalde de Castroverde e deputado de Cooperación cos Concellos, Xosé Maria Arias, supervisou este martes os traballos de ensanche e mellora que se están desenvolvendo na carretra provincial LU-P-1201 no tramo que une os núcleos de Coto, no Corgo, e San Agustín, en Castroverde.

Segundo informa a institución provincial, trátase dun investimento de 378.000 euros nunha actuación pola que o ancho da carretra pasará dos 4,5 metros ao sete.

As obras afectan a 1,5 quilómetros, entre os núcleos de Coto, en Corgo, e de San Agustín, en Castroverde, e consisten no movemento de terras, a drenaxe transversal mediante reposición de cunetas e pavimentación, entre outras actuacións. O proxecto inclúe a construción dunha nova ponte sobre o río Postigo.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...