InicioLugo e contornaLugoLugonovo critica ao Concello por non instalar máis columpios para nenos con...

Lugonovo critica ao Concello por non instalar máis columpios para nenos con diversidade funcional

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Tres anos sen verdadeiros avances”. Así resumiu esta mañá Cristina Pérez Herraiz a situación da cidade en materia de accesibilidade logo de transcorridas máis de tres cuartas partes do vixente mandato municipal 2015-19. A portavoz municipal de Lugonovo citou como únicas actuacións constatables a substitución dun tramo de adoquinado na Ronda da Muralla e a instalación de columpios adaptados para nenos con diversidade funcional no parque da Milagrosa ou na Praza Roxa de Fingoi.

“Sen embargo, estas actuacións quedan curtas se as comparamos cos proxectos non implementados ou a medio rematar” sinalou Pérez Herraiz, lembrando como “en novembro de 2017 foi publicamente prometida a instalación de máis columpios deste tipo nos parques do Sagrado Corazón, Marcos Cela, Praza de San Lorenzo e Aquilino Iglesia, sen que nove meses despois teñamos noticia de tal obra”. “Queremos que o goberno local aclare o estado actual e futuro dese proxecto” reclamou. Para Cristina Pérez, “trátase dunha evidencia máis da maneira de gobernar do executivo local”, caracterizada pola “présa pola foto inaugural”.

Contedores de lixo “adaptados”

Os contedores de lixo adaptados son outro apartado en que quixo incidir a portavoz municipal de Lugonovo. “O goberno local prometeu unha extensión gradual deste tipo de contedores e queremos saber o estado actual do proxecto” reclamou, sinalando que “na actualidade non se constata un grande avance do mesmo”.

“Tememos que a accesibilidade apareza, na axenda do Concello, máis como un apartado propagandístico e efectista antes que como unha necesidade para centos de lugueses e de persoas que visitan a nosa cidade” puntualizou.

+ posts

ÚLTIMAS

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...