InicioSociedadeTráfico intenso no norte da provincia e na A-6 na operación especial...

Tráfico intenso no norte da provincia e na A-6 na operación especial do 15 de agosto

Tráfico prevé máis de 593.000 desprazamentos na rede viaria do noroeste.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección General de Tráfico (DGT) prevé máis de 593.000 desprazamentos na rede viaria do noroeste, na que se inclúe Galicia, no marco da operación especial do 15 de agosto, que comeza este venres 13.

Segundo os datos difundidos pola DGT, recollidos por Europa Press, entre as 15,00 horas do 13 de agosto e as 24,00 horas do luns 16 espérase que as estradas do noroeste de España rexistren un nove por cento dos 6.590.000 movementos previsto na rede viaria estatal.

No caso concreto de Galicia, a DGT avisa de que as estradas afectadas con maior intensidade de tráfico nesta operación especial serán a AP-9, A-6, A-8, A-52, A-55 e N-550.

Por provincias, avisa dunha trintena de puntos conflitivos na rede viaria galega, a maioría nas provincias da Coruña e Pontevedra, como o acceso ás cidades e zonas costeiras como a praia da Lanzada en Sanxenxo.

Polo seu lado, nas estradas das provincias de Lugo e Ourense alerta de puntos conflitivos na zona do Alto do Fiouco na A-8, así como no acceso a praias na primeira; e na entrada á capital ourensá, na segunda.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

O BNG apoiará a mobilización de usuarios nas residencias das Gándaras, en Lugo

A concelleira do BNG no Concello de Lugo Cristina López sumouse á nova mobilización...

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...