InicioEconomíaOs Hostaleiros apoian o recurso de Lugo Monumental contra a Xunta polo...

Os Hostaleiros apoian o recurso de Lugo Monumental contra a Xunta polo certificado Covid

Esperan que o TSXG falle agora en consonancia cos maxistrados doutras comunidades como Canarias, Cantabria e Andalucía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Hostaleiros de Santiago presentaron un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que “complementa” o que xa interpuxo días atrás Lugo Monumental contra a obrigatoriedade de presentar o certificado covid para acceder ao interior dos establecementos, entre outras medidas.

Encabezados pola representación das empresas A Nave de Vidán, Noavero, Antealtares Compostela e Lucía Vázquez do Bar Bicoca, pero co apoio dunha quincena de asociacións, estes hostaleiros reclaman a suspensión cautelar da orde do 22 de xullo da Xunta para facer fronte á covid. Consideran que “non é eficaz na contención dos contaxios” e ademais é “unha medida criminalizadora contra o sector”, segundo criticou o responsable da Nave de Vidán, Lois Lopes.

A esixencia do certificado covid, advirten estes hostaleiros, é un requisito “inxusto, desproporcionado e pode ter algunha cuestión que non é mesmo nin legal”. Engaden que “é imposible” contrastar se o certificado que mostra o usuario pertence realmente a el ou a outra persoa. A maiores, pon en evidencia outras “inxustizas” como que a partir deste sábado haberá terrazas de locais con licenza de pub que teñan o seu aforamento limitado ao 50% e ao seu lado outras de establecementos con permiso de bar ao 100%.

Lopes censurou que son xa “500 días con restricións continuas” que afectan en maior medida ao lecer nocturno. Decisións que rexeitan por ser tomadas “de maneira unilateral” e “non consensuadas co conxunto do sector”. Fronte a todo isto, reclaman “alternativas”, en concreto, en forma de indemnizacións económicas “que permitan a supervivencia da actividade e dos postos de traballo”.

ESPERAN RESPOSTA INMINENTE

Pola súa banda, reivindican estar a pór “toda a carne no asador” para dar aos usuarios “unha garantía na saúde pública”, e confróntano co feito, denunciado este martes polo conselleiro de Sanidade, de que sexa nas festas privadas onde se produce a maior parte dos contaxios.

O recurso foi presentado o venres 6 e este martes recibiron a notificación de que se admitía a trámite. “Esperamos que a sala volva valorar a urxencia das medidas, que a interpretación da sala correspóndase cos doutras comunidades”, concluíu Lopes, coa vista posta nunha resposta esta mesma semana.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...