InicioSociedadeBaixan os casos e a presión hospitalaria da quinta onda na provincia...

Baixan os casos e a presión hospitalaria da quinta onda na provincia de Lugo

Houbo 65 casos menos este martes que o día anterior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 seguen en descenso en Galicia e sitúanse en 722 ao chegar ao ecuador desta segunda semana de agosto; así como os hospitalizados por este coronavirus, que baixan a 328, o que supón 17 menos que a xornada anterior. Polo seu lado, os casos activos redúcense a 16.106 e a taxa de positividade cae a un 10,7%.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este mércores con rexistros de ata as 18,00 horas do martes, por áreas sanitarias, na de Lugo, aínda que ascenden a oito o críticos –un máis–, baixan a 37 os doutras unidades –dous menos–.

CASOS ACTIVOS EN DESCENSO

Por sexta xornada consecutiva os casos activos manteñen a tendencia descendente e sitúanse en 16.106, que implican 365 menos que o día anterior, ao haber de novo máis altas (1.082), que contaxios (722), ao que se engaden cinco falecementos.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en todas salvo na de Ferrol (+13). Así, na de Lugo descenden en 76 co que o número total de casos activos baixa a 1.758.

MENOS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 continúan por terceira xornada consecutiva por baixo do milleiro –cifra da que Galicia baixou o luns 2 de agosto por primeira vez desde o 20 de xullo, pero que superaba desde o mércores 4 de novo– e caen a 722, que supoñen 59 menos que os 781 deste martes tras arrincar esta semana con 811.

No conxunto de Galicia foron confirmados 725 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día, 65 menos que o día anterior, dos cales, 68, corresponden á área de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...