InicioSociedadeComeza a mellorar a presión da quinta onda en Lugo

Comeza a mellorar a presión da quinta onda en Lugo

Baixan os casos e a presión hospitalaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A situación epidemiolóxica mellora en Galicia cun descenso xeneralizado dos indicadores ao reducirse a 837 os novos contaxios de Covid-19 –tras caer por primeira vez o luns por baixo do milleiro en dúas semanas– e baixar a 303 os hospitalizados por este coronavirus –25 menos– e a 18.771 os casos activos. Tamén a taxa de positividade descende a un 12%.

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, na área de Lugo seguen catro pacientes Covid en UCI e baixan a 39 os doutras unidades –dous menos–.

CASOS ACTIVOS EN DESCENSO

Tamén se reducen os casos activos de Covid-19 por segunda xornada consecutiva en Galicia ata os 18.771, que supoñen 36 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (863) que contaxios (837), ao que se engaden 10 falecementos.

Con respecto a hai unha semana, hai 710 infeccións activas máis que as 18.061 contabilizadas o martes 27 de xullo, tras máis dun mes en ascenso continuo ata este pasado sábado. Por áreas sanitarias, baixan 26 en Lugo, que queda con 2.231 casos.

MENOS CONTAXIOS

Pola súa banda, esta primeira semana de agosto mantense a tendencia descendente nos contagios ao arrincar con menos de mil novos, tras situarse por encima desa cifra desde o martes 20 de xullo, e caer a 837 este martes, que implican 102 menos que os 939 do luns.

En Galicia foron confirmados 878 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día, que supoñen 27 menos que o día anterior, dos cales 103 foron da provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...