InicioLugo e contornaLugoPiden derrubar parte do Club fluvial de Lugo para recuperar o uso...

Piden derrubar parte do Club fluvial de Lugo para recuperar o uso público do río

A plataforma Lugo cara ao Miño cualifica de "expropiación encuberta" as sucesivas ampliacións do Club sobre dominio público hidráulico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Novas peticións para devolver ao uso público a beira do Miño ocupada polo Club Fluvial de Lugo. A resolución da Confederación Hidrográfica Miño-Sil anunciando que non renovaría os permisos da entidade para explotar esta marxe do río veñen de ser recollidos pola plataforma Lugo cara ao Miño, que vén de reivindicar a “xa antiga” demanda de recuperar o uso non privativo da área.

A petición vén apoiada por distintas asociacións que inciden tamén na importancia de devolver o uso público a esta parte do río para así tamén “garantir o respecto ao medio ambiente”. De acordo co apuntado pola plataforma, a concesión a tería afectado a un espazo que se atopa dentro da Rede Natura, e é zona núcleo da Reserva da Biosfera Terras do Miño, ademais de ser a única zona de baño declarada no Concello de Lugo.

A todo isto hai que sumar que, de acordo coa mesma fonte, o Club Fluvial “non só non respectou o obrigado camiño de servidume, senón que cada vez foi ampliando máis a súa actividade e gañando terreo ao río, de tal xeito que toda a zona recreativa está “comida” ao río”. En total, o Club Fluvial ocuparía o Dominio Público Hidráulico en máis de 10000 m2 e, razón pola cal, apuntan, habería que contemplar a posibilidade de “derrubar todo o conxunto das instalacións”, inclusive as pistas de tenis e baloncesto, o aparcadoiro ou o propio muro.

“EXPROPIACIÓN ENCUBERTA”

Todo isto porque, de acordo coa plataforma, “é evidente e manifesto que en Rede Natura non se permite este uso privativo, e, en todo caso, sería preceptivo un estudio previo de impacto ambiental, do que non se ten constancia”.  De aí que, razoan, “o que o que estaba a facer o Club Fluvial, co consentimento da CHMS tratábase dunha ‘expropiación encuberta’ a favor dun ente privado e en contra da veciñanza”.

Ante esta circunstancias, Lugo Cara ao Miño reclama a recuperación do uso público para a beira do río, pero tamén o derrubamento de “todo o que foi construído sobre o dominio público hidráulico”, xa que así se daría “cumprimento á legalidade”. En liñas paralelas, instan ás administracións públicas a chegar a un acordo co club para que este espazo –“única zona de baño que conta cas garantías sanitarias”– sexa aberto á veciñanza para o seu uso e desfrute.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

‘Fillos do Vento: A Rapa’ destaca en EEUU no escaparate mundial do cinema inmersivo

O cineasta galego Brais Revaldería presentou en América Fillos do Vento: A Rapa, unha...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

Trasladan ao hospital unha persoa ferida tras unha saída de vía

Unha persoa resultou ferida tras saírse da vía no Corgo. Os bombeiros tiveron que...