InicioLugo e contornaLugoO Vello Cárcere de Lugo acollerá unha mostra de títeres con "pezas...

O Vello Cárcere de Lugo acollerá unha mostra de títeres con “pezas únicas”

E exposición recolle pezas de Viravoltas Títeres, unha das compañías máis antigas de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Vello Cárcere de Lugo abre as súas portas para acoller unha mostra de títeres procedente da Colección Viravolta Títeres, que permitirá “coñecer as distintas pezas necesarias para o funcionamento dun espetáculo de títeres”, segundo explicou a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro.

A exposición recolle materiais utilizados por Viravolta Títeres durante a súa carreira, unha das compañías máis antigas de Galicia fundada por Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado no 1982. Ferreiro inaugurou a mostra este venres 30 de xullo, e poderse visitar ata o 30 de outubro. A edil destacou que “a exposición axudará a entender o mundo dos títeres e a desfrutar destas pezas únicas procedente dunha das formas de expresión cultural con máis traxectoria da cultura galega”.

Na actualidade, Viravolta Títeres conta cun amplo repertorio con máis de 30 obras en diversos formatos nos que combinan as marionetsa coa música de cámara ou tradicional

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...