InicioLugo e contornaGuntínA alcaldesa de Lugo quéixase de que Atención Primaria "sofre moito" e...

A alcaldesa de Lugo quéixase de que Atención Primaria “sofre moito” e urxe á Xunta que a “reforce”

"Hai diagnósticos que non se poden realizar telefonicamente", asegura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, queixouse este mércores de que a Atención Primaria está “a sufrir moitísimo na cidade, e non só polo condicionante do verán, senón polo condicionante da pandemia”, unha situación que, dixo, esténdese a “toda Galicia”.

Méndez apelou a que “hai diagnósticos que non se poden realizar telefonicamente” e engadiu que “o que non se pode tampouco é ter que esperar para ser atendido da orde de quince días”.

É por iso que invocou a necesidade, por parte da Xunta, de “reforzar” a Atención Primaria, “porque é a primeira porta que toca o paciente, a primeira porta que é a que ademais ten esa capacidade de si se precisan facer probas a maiores ou non”.

“Estamos a falar de que, durante a pandemia, o diagnóstico doutras enfermidades foron menores, o cal está a prexudicar a saúde das persoas“, alertou, antes de incidir nos efectos que ten o verán neste servizo sanitario.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...