InicioLugo e contornaLugoUn plan para que as vibracións dos coches non afecten á Muralla...

Un plan para que as vibracións dos coches non afecten á Muralla de Lugo

O Concello avanza obras para "protexer" o monumento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo segue avanzando nas obras para “humanizar” a contorna da muralla romana e así “protexer” o monumento máis icónico da cidade lucense. Así o vén de anuncian o consistorio tras a finalización das obras para construír beirarrúas nun tramo da Ronda da Muralla ; en particular o que decorre entre a rúa Santiago e rúa Vilalba.

As obras foron visitadas polo tenente de alcalde Rubén Arroxo e o responsable da área de Mobilidade Alexandre Penas. Arroxo destacou in situ a finalización das obras da beirrarúa, que logo continuarán co resto de actuación contempladas no proxecto para “humanizar” a contorna da milenaria construción.

Á parte, e segundo destacou o tenente de alcalde, as obras futuras servirán para protexer a muralla, xa que parte dos obxectivos desta intervención pasa por reducir as vibracións producidas polos vehículos a motor; circunstancia que iría encamiñada a seguir as recomendacións de voces expertas para garantir o mantemento da muralla.

NOVA ILUMINACIÓN

Do mesmo xeito, o Concello informa que a área de Mobilidade e Infraestruturas instalará nove novas luminarias LED tipo RGB na zona para emitir un brillo adecuado ás distintas horas e á luminosidade do momento. “O alumeado permitirá variar a luminosidade do monumento segundo a hora do día, mostrando luces de tonalidade cálida na noite e luz fría durante as mañás, o que mellorará a percepción visual do monumento”, destacan.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...