InicioLugo e contornaLugoA Policía Local auxilia a un veciño de Lugo confinado por positivo...

A Policía Local auxilia a un veciño de Lugo confinado por positivo que levaba varios días sen comer

O home dixo que non tiña medios para poder mercar a comida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo auxiliaron a un veciño desta cidade confinado no seu domicilio por dar positivo en Covid-19 que levaba varios días sen comer por non ter diñeiro para comprar alimentos.

Segundo relatou a Policía Local, na tarde do pasado sábado 24 de xullo un veciño da Calzada das Gándaras pediu auxilio a este corpo municipal porque estaba confinado no seu domicilio ao dar positivo en Covid e levaba varios días sen comer porque non tiña diñeiro e non podía comprar comida polos seus propios medios nin a través de familiares ou amigos.

Por iso, unha patrulla territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo desprazouse ao banco de alimentos, onde recolleu un lote de comida para varias días que lle entregou a esta persoa no seu domicilio.

Así mesmo, destacaron as mesmas fontes municipais, a Policía Local informou da situación desta persoa aos Servizos Sociais.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...