InicioDeportesO lucense Sergi Quintela xogará cedido en Força Lleida

O lucense Sergi Quintela xogará cedido en Força Lleida

O escolta lucense prorrogou o seu contrato co Club Baloncesto Breogán como paso previo á súa cesión

PUBLICADA O

- Advertisement -

O escolta lucense Sergi Quintela xogará cedido en Força Lleida, equipo de LEB Ouro. Antes, renovou o seu contrato co Club Baloncesto Breogán, no que milita dende 2016 e onde foi decisivo a tempada pasada no ascenso á Liga ACB. Tiña contrato ata 2019 e renova ata 2020.

En Força Lleida, xogará co seu amigo o base lucense Adrián Chapela.

Sergi Quintela, de 22 anos, promediou 6.1 puntos, 1.7 rebotes, 1.4 asistencias e 1.1 recuperacións a tempada pasada.

Quintela formouse no Estudiantes Lugo e xogou no Xuven Cambados, en LEB Prata, entre 2014 e 2016. En ámbolos dous equipos, foi compañeiro do citado Adrián Chapela.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...