InicioSucesosUn condutor reincidente citado a dous xuízos por ter o carné retirado...

Un condutor reincidente citado a dous xuízos por ter o carné retirado e triplicar a taxa de alcoholemia

As intervencións policiais levaron a que este individuo deba comparecer o mesmo día para a celebración de dous xuízos rápidos distintos, nos que se determinará a responsabilidade penal derivada da suposta comisión de dous delitos contra a seguridade viaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor reincidente foi citado a dous xuízos rápidos por delitos contra a seguridade viaria tras ser interceptado en Lugo en dúas ocasións ao volante coa carne retirado pola perda dos puntos, nunha delas, ademais, triplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, sobre as 4,15 horas do pasado 22 de xullo debido a unha infracción de tráfico unha patrulla detivo un home de 40 anos de idade cando circulaba como condutor dun vehículo de motor e constataron que se trataba dun “multirreincidente” en delitos contra a seguridade viaria.

Os axentes constataron que circulaba a pesar de perder a vixencia do carné de conducir pola perda total de puntos e obtivo positivo nas probas de alcoholemia, nas que triplicou a taxa máxima permitida.

Por iso, por parte da Unidade de Atestados procedeuse a citalo como investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, así como ao titular do turismo que conducía como cooperador necesario. Por iso, tramitáronse dilixencias ante o xulgado de garda na modalidade de xuízo rápido.

Este mesmo condutor foi detido o pasado 10 de xullo cando circulaba por dirección prohibida na rúa Montirón, niso caso investigado como autor de tres suposto delitos contra a seguridade viaria por negativa a someterse á proba de alcoholemia, conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas e conducir co carné retirado por perda de puntos.

Así mesmo, o pasado 16 de xuño foi sorprendido cando conducía sen ter permiso por perder todos os puntos asignados, polo que se lle instruíron dilixencias como investigado por autor dun delito contra a seguridade viaria. Tamén usara o mesmo vehículo que nos dous casos anteriores.

As intervencións policiais, destacaron as mesmas fontes municipais, dos días 10 e 22 de xullo levaron a que este individuo deba comparecer o mesmo día para a celebración de dous xuízos rápidos distintos, nos que se determinará a responsabilidade penal derivada da suposta comisión de dous delitos contra a seguridade viaria.

ÚLTIMAS

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...