InicioSociedadeA provincia de Lugo supera xa os 1.000 contaxiados

A provincia de Lugo supera xa os 1.000 contaxiados

Rexistrou máis dun cento de novos contaxios este domingo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia arrinca esta semana con 11.086 casos activos de Covid-19, que supoñen máis do dobre que fai sete días, e cun lixeiro descenso en novos contaxios a 975, tras catro xornadas por encima do milleiro, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus aumentan a 140, que constitúen 18 máis, e a taxa de positividad mantense nun 13%.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do domingo, aumentan a 119 as persoas ingresadas en unidades convencionais pola Covid-19, que representan 19 máis que na xornada anterior, e baixan a 21 as que se atopan en UCI, unha menos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete, coa de Lugo sen ingresados en UCI pero con 13 pacientes noutras unidades –tres máis-.

MÁIS DE 1.000 CASOS

No inicio desta semana os casos activos ascenden a 11.086, que supoñen 723 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (975) que altas (252), polo que segue a tendencia ascendente nesta quinta onda por vixésimo sexto día consecutivo. Con respecto a fai sete días, as infeccións activas duplícanse, xa que o luns 12 de xullo había 5.058.

Por áreas sanitarias, os casos activos aumentan en todas, coa de Lugo con 87 novos casos que suman xa 1.023.

MÁIS DE 100 NOVOS CONTAXIOS

No relativo aos novos contaxios de Covid-19, tras catro días por encima do milleiro, no arranque desta semana descenden a 975 en Galicia, o que supón 195 menos que a xornada anterior.

No conxunto da Comunidade galega foron confirmados 963 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día, que implican 254 menos que o día anterior, dos cales 106 correspóndense á de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...

Carmela López e Miguel Fernández examinan as obras en Adolfo Suárez “acceso esencial para a intermodal”

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...