InicioLugo e contornaLugoOs procesados de Estranxeiría de Lugo negan ter dado permisos de estancia...

Os procesados de Estranxeiría de Lugo negan ter dado permisos de estancia de forma ilegal

A investigación derívase dunha parte do caso Carioca.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un funcionario (G.P.) e o que foi inspector xefe da Brigada de Estranxeiría da Policia Nacional da Comisaría de Lugo procesados por tramitar prórrogas de estancia en España con información falsa negaron este martes os feitos que se lles imputan no xuízo que arrincou na Sección Segunda da Audiencia Provincial.

Este xuízo derívase dunha peza da ‘Operación Carioca’, unha macrocausa que abriu en 2008 a ex titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara, sobre supostas redes de prostitución na provincia de Lugo que salpicou tamén a funcionarios policiais e da Garda Civil.

Un dos argumentos que expuxo a defensa, neste caso do funcionario, nas cuestións previas era que a investigación fora “prospectiva”, á vez que apelaba á “prescrición” do delito do seu patrocinado que se encadra dentro de “negociacións prohibidas a funcionarios”.

Para este funcionario de Estranxeiría, que ademais exercía de avogado para tramitar as prórrogas de estancia en España, a Fiscalía pide unha multa de 900 euros por esas supostas “negociacións prohibidas” e a inhabilitación para cargo público por tres anos e unha sanción de dous anos de perda de emprego e soldo na administración.

Mentres, para o que fora inspector da Policía Nacional pídenlle nove anos de prisión, a razón de catro anos e medio por cada un dos dous delitos de falsidade en documento público. O escrito da acusación cínguese a dous expedientes de prórroga a favor de dúas mulleres que supostamente exercían a prostitución en locais de alterne.

DE VACACIÓNS

Na súa declaración ante o tribunal, o policía, que leva xubilado desde fai máis de dez anos, limitouse a negar os feitos. E, sobre un dos expedientes de prórroga, manifestou que no momento en que se cursou el atopábase de vacacións. Tamén relatou que nesa brigada da Comisaría de Lugo limitábanse a facer “identificacións en clubs de alterne”. “Recolliamos a información que se podía recoller e transmitíase vía Internet á Comisaría Xeral de Información” en Madrid, explicou.

ÚLTIMAS

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...

Lugo Monumental leva á UE a peonalización do centro: “Mala xestión, danos e máis de 100 comerciantes feridos”

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, expuxo, ante a Comisión de Peticións da...