InicioLugo e contornaLugoDetido un veciño de Lugo que se fixo pasar por policía

Detido un veciño de Lugo que se fixo pasar por policía

Ao ser arrestado entregou todo o material co que se fixo pasar axente, entre o que había unha arma de xoguete e unha placa falsa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coas persoas, detiveron a un home veciño de Lugo que se fixo pasar por policía por un delito de coaccións e usurpación de funcións.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos foron denunciados nas dependencias deste corpo en Lugo a pasada semana. En concreto, unha muller expuxo que, tras coñecer a un home, ao cal lle facilitou un teléfono móbil e unha liña telefónica, este non lle abonou os importes correspondentes.

Con estes feitos a vítima solicitoulle que lle devolvese o terminal, xa que ía dar de baixa a liña, ao que este lle dixo que non o fixese porque necesita ese número, que senón, “como é policía”, aseguroulle, lle faría valoracións negativas da súa situación persoal no xulgado.

LUGAR DE TRABALLO

Nesta situación o home persoouse no lugar de traballo da vítima cunha placa policial e onde dixo que era un axente. Ademais, segundo informou a denunciante, no seu domicilio este individuo tiña unha arma. Policías encargados da investigación localizaron a esta persoa, que foi detida e acusada de coaccións e usurpación de funcións.

As mesmas fontes policiais destacaron que ao ser arrestado este veciño de Lugo, entregou todo o material co que se fixo pasar por policía. Ademais, tiña unha arma de xoguete no seu domicilio. De todo iso, sinalou a Policía Nacional, informouse ao xulgado en funcións de garda.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...