InicioSen categorizarA provincia de Lugo ten xa case medio milleiro de casos covid

A provincia de Lugo ten xa case medio milleiro de casos covid

Na última semana case que se duplicaron os contaxios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia rexistra este martes unha nova marca de contaxios de Covid-19 desde o inicio do verán con 742 novos, que supoñen 112 máis que a xornada anterior, e a taxa de positividade dispárase a un 13 por cento. Os casos activos ascenden a 5.684, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus redúcense lixeiramente a 63 –tres menos–, deles dez en UCI –un menos–.

Segundo os datos publicados este martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, recollidos por Europa Press, a área sanitaria de Lugo segue sen críticos e con dez noutras unidades.

CASOS ACTIVOS EN AUMENTO

Pola súa banda, os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso por vixésima xornada consecutiva e elévanse a 5.684, que implican 626 máis que o día anterior, ao haber máis contaxios (742) que altas (116).

Con respecto a fai sete días, representan uns 3.000 máis, posto que o martes pasado –6 de xullo– había 2.638. Deste xeito, na provincia de Lugo rexistráronse 29 novos casos activos, sumando xa 496.

CONTAXIOS DISPARADOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 en Galicia seguen por encima do medio milleiro desde o venres pasado –9 de xullo– e disparáronse a 742, que supoñen 112 máis que os 630 do arranque desta semana. Deste xeito, os positivos mantéñense por encima dos 200 desde o xoves 1 de xullo e do centenar desde o 24 de xuño.

En toda Galicia foron confirmados 729 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), segundo os datos actualizados por Sanidade, 37 correspóndense á area de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...