Home Lugo e contorna Lugo Detidos dous mozos por asaltar con violencia a un home que perdeu varias pezas dentais

Detidos dous mozos por asaltar con violencia a un home que perdeu varias pezas dentais

0
Detidos dous mozos por asaltar con violencia  a un home que perdeu varias pezas dentais
Policía Nacional en Lugo. PP DE LUGO

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, con destino en servizo de Radiopatrullas, detiveron a dous mozos por un delito de roubo con violencia tras asaltar a un home que perdeu varias pezas dentais.

Segundo relatou a Policía Nacional, os feitos ocorreron o pasado luns no centro da cidade de Lugo, cando nas primeiras horas da noite unha patrulla en servizo ordinario observou a dous mozos que transitaban pola beirarrúa da Rolda da Muralla cuns obxectos nas mans.

Os policías comprobaron que portaban “unha barra de ferro e unha peza de madeira”, destacan as mesmas fontes, motivo polo que son identificados e comunicados ao resto de indicativos os feitos. Así, estableceuse un dispositivo de procura por se cometesen un ilícito penal, xa que as explicacións que daban “non eran moi coherentes”, sostén a Policía.

Minutos máis tarde, outra dotación localiza na zona peonil da Rolda da Muralla a outro home que sangraba pola cabeza e con diversas feridas, quen manifestou que fora asaltado por dous homes, “cuxa descrición coincide cos identificados anteriormente”, engade a Policía.

INGRESADO

Nesta situación solicitáronse servizos médicos para a atención inmediata do ferido, os cales certificaron a gravidade das feridas e a perda de varias pezas dentais, polo que foi trasladado ao HULA, onde quedou ingresado.

Pola súa banda, os dous mozos foron detidos e trasladados a dependencias policiais, onde se elaborou o ateigado que foi posto, xunto cos detidos, a disposición da autoridade xudicial.

Ademais, concretou a Policía Nacional, a un dos detidos incoóuselle un procedemento administrativo por estancia irregular no país.

+ posts