InicioLugo e contornaOuteiro de ReiDenuncian que unha láctea de Outeiro de Rei debe 60.000€ a varios...

Denuncian que unha láctea de Outeiro de Rei debe 60.000€ a varios gandeiros dende hai anos

UU.AA. pide non dar axudas públicas a empresas con pagamentos pendentes a gandeiros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral de Unións Agrarias (UU.AA.), Roberto García, anunciou que rexistrará unha iniciativa no Parlamento de Galicia para reclamar que “se paralice todo tipo de axuda pública” a industrias lácteas que “teñan débedas cos gandeiros”. Respecto diso, pon de exemplo o Grupo Santé, que se asenta sobre as instalacións de Leite Pascual en Outeiro de Rei, ao que acusa de deber a 11 produtores pagos desde hai “máis de tres anos”.

Ademais, censurou que esta empresa “está a facer tamén promocións a perdas vendendo leite a 49 céntimos”. “E iso é só posible se o que vai dentro non é leite ou se non se ten pensado pagar aos gandeiros”, agrega. O dirixente de Unións Agrarias deixa claro que a venda a 49 céntimos, cando os custos de produción dispáranse ata os 35 céntimos, é “tecnicamente imposible”.

“Este tipo de prácticas querémolas cortar de raíz e, sobre todo, queremos que a eses 11 gandeiros aos que se lles debe o leite desde fai máis de tres anos procédaselles a pagar de forma inmediata”, ha avisdo. Roberto García asegurou que tentaron con Santé reverter esta situación “pola vía da negociación”, pero, “a día de hoxe, ante a falta de resposta, é polo que se procede á denuncia pública”.

BLOQUEO DA PLANTA

A débeda con 11 gandeiros ascende “a máis de 60.000 euros”, aínda que o dirixente agrario expuxo que, “probablemente”, sexan máis os afectados pola falta de pagamentos. “Imos rexistrar no Parlamento de Galicia unha solicitude para que se paralice todo tipo de axuda pública a industrias que teñan débedas cos gandeiros”, avisou finalmente.Precisamente, ás 11,00 horas levaban a cabo o bloqueo dos accesos á planta industrial de Santé por esta falta de pagamentos a gandeiros aos que lles recollen o leite.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

“Sempre en Galiza. 1944-2024”, inaugurada no Museo Provincial de Lugo

A mostra, comisariada por Henrique Monteagudo e coordinada por Xesús Domínguez Dono, plásmase en...

Senadores do PP provincial piden explicacións sobre a rehabilitación da A-6

Os senadores do PP lucense rexistraron este venres unha pregunta na Cámara Alta dirixida ao Goberno...

A Deputación de Lugo presentará en Fitur a campaña ‘Provincia de Lugo. Mergúllate na maxia das súas augas’

A Deputación de Lugo presentará a súa nova campaña de turismo, 'Provincia de Lugo. Mergúllate na...

Os senadores do PP por Lugo defenden as 159 iniciativas presentadas en 2024, co sector rural ou Alcoa no foco

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo José Manuel Barreiro, José Manuel...