Os novos contaxios de Covid-19 detectados en Galicia reducíronse lixeiramente a 235 –nove menos que a xornada anterior e case o dobre que hai unha semana–, mentres que os casos activos manteñen a tendencia ascendente por décimo terceira xornada consecutiva e sitúanse en 2.638. Pola súa banda, os pacientes hospitalizados descenden lixeiramente e a taxa de positividade redúcese a un 2,7%.
Segundo os publicados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, recollidos por Europa Press, increméntanse a 12 as persoas ingresadas na UCI pola Covid –unha máis– e baixan a 47 que permanecen noutras unidades –tres menos–. Pola súa banda, 2.579 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.
Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria mantense en Lugo, cun ingresado en críticos e tres noutras unidades.
SOBEN OS CASOS ACTIVOS
Os casos activos, pola súa banda, continúan en ascenso por décimo terceira xornada consecutiva e sitúanse en 2.638, que implican 172 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (235) que altas (63). Con respecto ao martes anterior –29 de xuño– hai 1.059 infeccións activas máis. Deste xeito, sitúanse en niveis similares ao 24 de agosto do ano pasado, cando había 2.619. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan en Lugo (+20) ata os 284 casos activos.
LIXEIRO DESCENSO DE CONTAXIOS
En canto aos novos contaxios de Covid-19 descenderon lixeiramente a 235 tras arrincar esta semana con 244, que supoñen nove menos, e case o dobre que hai sete días (cando había 121), polo que continúa a tendencia iniciada o xoves 24 de xuño, cos contaxios por encima do centenar.
En toda Galicia foron confirmados 230 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, delas, 27, á de Lugo.