InicioSucesosOs tribunais cren estar cerca de resolver o dobre crime do Ceao

Os tribunais cren estar cerca de resolver o dobre crime do Ceao

A resolución da xuíza indica que á hora de peche, no último día da semana laborable, a única persoa sinalada nestas case tres décadas sabía que se facía o reconto e, como era un coñecido do sitio, accedería ao local.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O caso polo dobre crime de O Ceao, en Lugo, que o 30 de abril de 1994 lle custou a vida a Esteban Carballedo, un mozo repoñedor que ía cumprir 26 anos, e a Elena López, casada e nai de dous fillos menores, volve ser actualidade, 27 anos despois, pois a xustiza cre dar co presunto autor material de senllas mortes violentas cometidas na nave de Cash Récord cunha arma branca, unha pistola.

No auto ao que a axencia Efe tivo acceso consta que M. J.V. C. foi declarado procesado e citado para declaración indagatoria o próximo 13 de xullo ás dez e media da mañá. El daría morte a estas dúas persoas ademais de apropiarse de 3.777.026 pesetas en metálico e de talóns por importe de 542.159 pesetas.

A resolución da xuíza indica que á hora de peche, no último día da semana laborable, a única persoa sinalada nestas case tres décadas sabía que se facía o reconto e, como era un coñecido do sitio, accedería ao local, sito no polígono, só ou en compañía doutra persoa non identificada, coa intención de apropiarse da recadación da xornada, a cal estaba dentro da caixa de caudais.

Co propósito de ocultar a súa participación nos feitos, evitando ser delatado polos empregados, disparoulles a curta distancia, a ambos, cunha pistola de nove milímetros parabellum.

ÚLTIMAS

Ingresa en prisión un vilalbés acusado de malos tratos que se cambiou de xénero no rexistro para eludir a pena

Un vilalbés con varias causas por malos tratos e que cambiou de xénero no...

Comezan as obras de desdobre do último tramo da avenida Infanta Elena en Lugo

As obras que completarán o desdobre e humanización dos 2,7 quilómetros da Avenida Infanta...

Tomé e Castro presentan o número máximo de avais para dirixir o PSOE provincial

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o edil de Paradela Iván Castro presentaron...

Condenados 8 ultras participantes nunha pelexa na previa do Lugo-Ponferradina de 2023

O Xulgado de Instrución nº1 de Lugo condenou este luns aos oito ultras investigados pola súa...