Home Lugo e contorna Lugo Excarcerada unha persoa logo dunha saída de vía co seu vehículo

Excarcerada unha persoa logo dunha saída de vía co seu vehículo

0
Excarcerada unha persoa logo dunha saída de vía co seu vehículo
Ambulancias de Soporte Vital Básico | 061

Unha persoa tivo que ser excarcerada este sábado polos bombeiros tras resultar ferida nunha saída de vía do vehículo no que viaxaba en Lugo.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu sobre as 21,00 horas da noite, cando varios particulares informaban á central de emerxencias deste accidente ocorrido na A-6, á altura de Muxa, antes da saída de O Ceao.

De acordo co relato dos alertantes, o condutor estaba fóra do coche, pero a porta do acompañante presentaba dificultades para abrir.

Deste xeito, o 112 pasou o aviso a Urxencias Sanitarias-061 e puxo os feitos en coñecemento dos bombeiros, que se desprazaron ata o punto para excarcerar á persoa. Tamén foron informados os axentes de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil de Lugo.

+ posts