InicioTerra CháCospeitoEntidades da Terra Chá deciden denunciar o estado da Torre de Caldaloba...

Entidades da Terra Chá deciden denunciar o estado da Torre de Caldaloba cunha limpeza

As entidades anuncian novas accións encamiñadas a dar a coñecer o capítulo tan importante da historia galega vinculada a Caldaloba

PUBLICADA O

- Advertisement -

Representantes de entidades da Terra Chá e de concellos lindeiros, levaron a cabo este sábado un acto reivindicativo diante da torre de Caldaloba. Un acto no que estas entidades quixeron, máis unha vez, denunciaren o estado de abandono en que se encontra este ben tan importante da historia e do patrimonio galego. E como o fixeron?… dando exemplo e rozando toda a contorna da torre.

Estas entidades coñecedoras da súa función de concienciar á sociedade do estado en que se encontra a torre e de reivindicar ás institucións que cómpre salvar este ben. “Non comprendemos – sinalan – que a administración galega poida plantexar, a estas alturas, accións diferentes que non sexan que dito ben pase ao patrimonio público e a execución de accións inmediatas para a súa recuperación”. Neste sentido, destacan que son “conscientes que a limpeza da contorna non salva a torre, que debe ser o obxectivo urxente que non admite retraso ningún”.

As entidades anuncian novas accións encamiñadas a dar a coñecer o capítulo tan importante da historia galega vinculada a Caldaloba e a necesidade da súa recuperación para a que o pobo galego teña dereito a coñecer a súa historia. Recuperarmos o noso patrimonio, recuperarmos a nosa historia!

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...